XUNTANZAS

VII ASEMBLEA XERAL DA ASOCIACIÓN DE MUNICIPIOS DO CAMIÑO DE SANTIAGO

 

A secretaria executiva do Grupo Compostela de Universidades, María Teresa Carballeira Rivera, participou o 3 de xuño de 2022 en Xaca na VII Asemblea Xeral da Asociación de Municipios do Camiño de Santiago (AMCS). Ante os alcaldes e representantes dos 109 municipios do Camiño Francés, presentou o curso en liña de posgrao ‘Desenvolvemento local e Camiño de Santiago’, que forma parte do plan de sustentabilidade do proxecto CAMIÑOLAB II.

UNDÉCIMO FORO CONSULTIVO ANUAL SOBRE ITINERARIOS CULTURAIS DO CONSELLO DE EUROPA

 

A secretaria executiva do Grupo Compostela de Universidades, María Teresa Carballeira Rivera, e a integrante do Comité Executivo do GCU Carla Martins asistiron ao undécimo Foro Consultivo Anual sobre Itinerarios Culturais do Consello de Europa. A cidade grega de Chania acolleu o evento do 5 ao 7 de outubro de 2022.

As actividades do foro abarcaron paneis de debate, sesións temáticas e a cerimonia de certificación dos novos itinerarios culturais do Consello de Europa.

REUNIÓN COA ORGANIZACIÓN DE ESTADOS IBEROAMERICANOS

 

A secretaria executiva do Grupo Compostela de Universidades, María Teresa Carballeira Rivera, mantivo un encontro en Chania coa representante da Dirección Xeral de Cultura da Organización de Estados Iberoamericanos Mónica García Alonso. Nesta xuntanza exploraron futuras vías de colaboración entre as institucións a través da sinatura dun convenio marco.

REUNIÓN COA UNIVERSIDADE AUTÓNOMA DE ZACATECAS ‘FRANCISCO GARCÍA SALINAS’

O membro do Comité Executivo do Grupo Compostela de Universidades Manuel Freire-Garabal Núñez e o representante da Universidade Autónoma de Zacatecas José Francisco Guzmán Gutiérrez reuníronse o 6 de outubro de 2022 en Santiago de Compostela. Durante o encontro, abordaron o establecemento de vías de cooperación en relación coas rutas e itinerarios culturais en Europa e Iberoamérica.

Tamaño de texto-+=