QUEN SOMOS

Somos un observatorio do Camiño de Santiago e dos itinerarios culturais nado en 2021. O noso comité científico está integrado por expertos universitarios e profesionais dos ámbitos da cultura, as humanidades e as ciencias xurídicas e sociais. O noso labor céntrase na investigación, innovación e análise da evolución e impacto das rutas culturais e do Camiño de Santiago, a través do espazo e o tempo.

 

Os nosos obxectivos

Os obxectivos definidos polo comité científico de CAMIÑOLAB son os seguintes:

  • Avanzar no estudo pluridisciplinar da evolución e impacto do Camiño de Santiago, así como da cultura xacobea, abarcando o eido rexional, estatal e internacional.
  • Afondar na investigación do patrimonio material e inmaterial do Camiño de Santiago, ademais de na súa posta en valor.
  • Constituír un laboratorio de ideas, innovación e investigación acerca dos itinerarios culturais.
  • Vertebrar un observatorio das accións, boas prácticas e actividades desenvolvidas en torno aos itinerarios culturais e o Camiño de Santiago.
  • Articular un espazo para a difusión do coñecemento superior en materia de itinerarios culturais.
Tamaño de texto-+=