PUBLICACIÓNS
CAMINO DE SANTIAGO Y PATRIMONIO CULTURAL. UNA VISIÓN JURÍDICA INTEGRADORA
A editorial Atelier editou en 2019 a publicación ‘Camino de Santiago y patrimonio cultural. Una visión jurídica integradora’ (Camiño de Santiago e patrimonio cultural. Unha visión xurídica integradora). O libro analiza as últimas novidades xurídicas en relación cos bens culturais, tanto materiais como inmateriais, e a súa diversidade. Céntrase no itinerario cultural do Camiño de Santiago, ao que dedica unha análise en profundidade antes de abordar outras manifestacións artísticas contemporáneas como o graffiti, a xestión do patrimonio no novo modelo de cidade intelixente e a interacción con outros ámbitos, como o turismo, os museos, o urbanismo e o medio ambiente.

PATRIMONIO CULTURAL INMATERIAL. DE LOS CASTELLS AL CAMINO DE SANTIAGO
A editorial Tirant lo Blanch publicou en 2021 o libro ‘Patrimonio cultural inmaterial. De los Castells al Camino de Santiago’ (Patrimonio cultural inmaterial. Dos Castells ao Camiño de Santiago). Esta obra aborda cun enfoque multidisciplinar –xurídico, histórico e antropolóxico- o concepto, catalogación e réxime xurídico do patrimonio cultural inmaterial.

Publicación en proceso
Proximamente verá a luz un libro coa editorial Atelier.