CAMIÑOLAB
O proxecto ‘CAMIÑOLAB. Laboratorio do patrimonio inmaterial do Camiño de Santiago’, impulsado polo Grupo Compostela de Universidades, comezou a súa andaina en 2021 coa meta de crear un observatorio de expertos universitarios dos eidos académicos da cultura, as ciencias xurídicas e as humanidades. Ao longo dese ano, os expertos desenvolveron unha labor de identificación, investigación, catalogación e recoñecemento do patrimonio do Camiño de Santiago en Galicia e no continente europeo.
CAMIÑOLAB estivo coliderado polas universidades de Santiago de Compostela e A Coruña. Ademais contou coa colaboración do Instituto Europeo de Itinerarios Culturais do Consello de Europa e a Academia Xacobea.
CAMIÑOLAB II
Seguidamente, o GCU proseguiu en 2022 co ‘CAMIÑOLAB II. Un espazo para a dinamización sostible do patrimonio cultural xacobeo’. O propósito era dar continuidade ao traballo de investigación do proxecto CAMIÑOLAB e difusión aos seus resultados, a través da páxina web e dun vídeo explicativo. Ademais de achegar o coñecemento e experiencia dos expertos á sociedade e academia mediante a organización de formacións, centradas neste itinerario cultural e no seu patrimonio.
CAMIÑOLAB II estivo codirixido pola Universidade de Santiago de Compostela. Novamente contou coa cooperación do Instituto Europeo de Itinerarios Culturais do Consello de Europa e a Academia Xacobea.