OBXECTIVO
Este espazo web foi creado no marco do proxecto “CamiñoLab. Laboratorio do patrimonio inmaterial do Camiño de Santiago”, unha iniciativa do Grupo Compostela de Universidades (GCU) ao abeiro do programa O Teu Xacobeo da Xunta de Galicia.
CamiñoLab busca a dinamización da lingua galega, do Camiño de Santiago e do patrimonio material e inmaterial que rodea este gran itinerario cultural no noso territorio e no estranxeiro (Galicia e Europa).
O seu Comité científica traballa para identificar, analizar e estudar o fenómeno Xacobeo dende unha perspectiva científica e pluridisciplinar, así como para acomodar o noso potencial cultural á nova normalidade social xerada pola pandemia e segundo un criterio científico que axude a mellorar as posibilidades de desenvolvemento social, optimizar recursos, lograr o coñecemento dos mesmos, da nosa cultura e do noso patrimonio ao longo do Camiño de Santiago en Galicia e en Europa, incluído o recoñecemento internacional de efemérides no devanditos campos de estudo.