ORGANIZACIÓN
O Grupo Compostela de Universidades (GCU) é unha asociación internacional sen ánimo de lucro declarada de utilidade pública, liderada pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) e con sede permanente na capital galega.
Máis de 60 universidades, incluídas as do Sistema Universitario de Galicia (SUG), 8 asociacións colaboradoras e 2 entidades asociadas fan ao GCU tomar posición en todo o mundo, especialmente en América, Europa e Asia.
Os seus fins estatutarios son facilitar e fomentar a cooperación no ámbito da educación superior para promover o patrimonio cultural que rodea ao Camiño de Santiago, entendido como fenómeno social que ten contribuído decisivamente á definición do concepto e a natureza de Europa.