AVISO LEGAL

O titular deste portal web, do seu dominio CamiñoLab e de todos seus elementos, é o Grupo Compostela de Universidades (en diante o ‘GCU’).

O fin deste portal web é por a disposición dos usuarios de internet información sobre proxecto CamiñoLab e dos seus avances e resultados.

Efectuaranse sempre os esforzos necesarios para que a información contida no portal sexa precisa e actualizada.

Pretenderase reducir ao mínimo os problemas ocasionados por errores de carácter técnico. 

O GCU non se responsabiliza de calquera imprecisión ou erro de contido académico e investigador que poida aparecer no contido do portal.

O GCU non se responsabiliza dos danos e prexuízos que puidese ocasionar o uso ilexítimo ou inadecuado das ferramentas e informacións contidas no portal con excepción de todas aquelas actuacións que resulten da aplicación das disposicións legais ás que deba someterse no estrito exercicio das súas competencias.

O GCU non asume responsabilidade algunha derivada da conexión ou contidos das ligazóns a páxinas externas sobre as que non se ten ningún control, debendo o usuario deste portal, en todo caso, aterse ás condicións de uso específicas das devanditas ligazóns.

O GCU resérvase a facultade de efectuar, en calquera momento e sen necesidade de aviso previo, modificacións e actualizacións sobre a información contida ou na súa configuración ou presentación.

Os dereitos de propiedade intelectual deste portal web e dos seus elementos son de titularidade do GCU.

Todo o contido académico e investigador do portal e os dereitos de propiedad intelectual que poideran corresponder aos devanditos contidos académicos e de investigación, así como marcas, nomes comerciais ou calquera outro signo distintivo son propiedade do GCU ou dos seus lexítimos propietarios, quedando en todo caso reservados todos os dereitos sobre os mesmos.

A información dispoñible neste portal non é susceptible de reutilización, quedando prohibida a súa reprodución total ou parcial, modificación, distribución e comunicación, para usos comerciais e non comerciais, con suxeición ás seguintes condicións: a.- queda prohibida en calquera circunstancia a desnaturalización do contido da información; b.- o usuario queda obrigado a citar a fonte dos documentos obxecto da reutilización.

A páxina principal deste portal está dispoñible en galego. O portal posibilitará ferramentas de acceso ao seu contido noutros idiomas.

Para toda cuestión administrativa ou litixiosa ou que incumba ao portal, será de aplicación a lexislación española e de competencia dos organismos da cidade de Santiago de Compostela, na provincia da Coruña.

Os datos de contacto do GCU a efectos do indicado son Grupo Compostela de Universidades, casa da Cuncha, número 1, código postal 15704 de Santiago de Compostela, na provincia da Coruña (España), teléfono +34 881 8 12931, grupo.compostela@usc.es.

Tamaño de texto-+=